Portada > Actualidad > Xornada de portas abertas no centro interxeracional

Xornada de portas abertas no centro interxeracional

O Centro interxeracional de Arteixo celebrou unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as súas instalacións.

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou o 21 de xuño, na xornada de portas abertas do centro de día e residencial de Arteixo, incluido na rede de centros de atención a persoas maiores da Xunta de Galicia.

Durante a visita, Perfecto Rodríguez destacou o bo funcionamento do centro desde a súa posta en servizo, un referente na atención a persoas de máis idade e dependentes. Este equipamento, que entrou en funcionamento a comezos de ano, ten na actualidade unha ocupación de 61 usuarios na residencia e de 29 no centro de día. Ademais conta cunha escola infantil de 82 prazas.

Coa xornada pretendeuse que as veciñas e veciños, ademais de familiares, coñezan as instalacións e o funcionamento do centro. No transcurso celebráronse obradoiros de produción de xabóns e de elaboración de ramiños de San Xoán.

O xerente do Consorcio subliñou “a importancia da cooperación entre administracións e entidades, que, como neste caso, permitiu poñer á disposición das galegas e galegos este centro interxeneracional que facilita tanto a conciliación das familias como o coidado dos nosos maiores e pequenos”. Neste sentido, recordou que este centro foi posible grazas á colaboración da Xunta de Galicia, do concello de Arteixo e da Fundación Amancio Ortega que financiou a súa construción.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *