Portada > Actualidad > XI concurso De Tapas por Arteixo

XI concurso De Tapas por Arteixo

De Tapas por Arteixo

Estimular as vendas do sector hostaleiro, dinamizar as rúas de Arteixo, atraendo público ao casco urbán para que coñezan mellor a oferta hostaleira, comercial e do sector de servizos e sentar as bases dun roteiro habitual de tapas para calquera fin de semá, que esté presente na mente do consumidor, son os obxetivos desta nova edición do concurso de Tapas por Arteixo, organizado por Arteixo Centro Comercial Aberto, o patrocinio do Concello de Arteixo ea coaboración de Coca Cola.

Os 12 establecementos participantes servirán tapas de venres a domingo, do 25 ao 27 de agosto e do 1 ao 3 de septembro de 2017.

Nesta edición, o CCA de Arteixo,  sorprende con novidades. En  primeiro lugar, amplíase o concurso a 2 fins de semana. Tamén se amplían as  categorías a concurso. Ata o de agora había un Premio á Mellor Tapa por Xurado  Popular (os propios clientes) e outro Premio á Mellor Tapa por Xurado Profesional  (integrado por profesores de cociña), pero nesta edición créase o Premio ao Mellor  Servizo de Sala: O Servizo con máis Chispa! (camareiros/as).

Os clientes, cada 6 tapas consumidas e seladas nun roteiro, poden emitir un  voto coa sua opinión de cal é a mellor tapa degustada e outro voto coa sua opinión de  cal é o local que ofrece un mellor servizo. A cambio do seu voto, ademáis de disfrutar  das tapas, e 2 fins de semana divertidas cos amigos, todas as papeletas entran no sorteo de 1 premio de 300 € e 2 premios de 150 € en vales de compra para  gastar nas case 80 tendas, bares, restaurantes e empresas de servizos asociados ao  CCA, que mostran na sua fachada a placa distintiva da asociación e que ademáis  aparecen no listado de socios na web www.ccaarteixo.com
A Concelleira de Emprego do concello de Arteixo, , Patricia Amado,  alaba estas iniciativas que ademáis levan a un repunte do emprego e as demandas de profesionais do sector como detectan no seu departamento en cada concurso.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *