Portada > Actualidad > Xa chega a final liga Rías Altas de Judo e o VIII trofeo Mini BTT

Xa chega a final liga Rías Altas de Judo e o VIII trofeo Mini BTT

Este sábado 13 de abril terá lugar a 6º xornada e play-off final da liga RIAS ALTAS de judo. Está competición, organizada polo Judo Club Arteixo en colaboración có Servizo Muicipal de Deportes do concello, celebrarase no Pazo dos Deportes, en horario de 10:00h a 13:00h, e nela daranse cita uns 250 participantes divididos en 12 equipos infantís e 12 equipos alevíns. Tódos os equipos son mixtos e o obxectivo desta liga é fomentar a participación e que os nenos vaian adquirindo experiencia de cara aos futuros campionatos.

O Club Ciclista Arteixo organiza o VIII Torneo Mini BTT Concello de Arteixo, que terá lugar o domingo 14 de abril no Circuito Motoclub Saltamontes de Arteixo. Consiste nunha proba de caracter competitivo para ciclistas de entre 6 e 14 anos, cunha participación estimada de 450 competidores. O horario da proba será entre 10.30h e 14.00h.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *