Portada > Actualidad > Os Reis Magos len en galego

Os Reis Magos len en galego

O dous de xaneiro, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou a publicación O libro dos Reis Magos, realizado a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e editado por Galaxia. No acto de presentación desenvolvido na Cidade da Cultura, o conselleiro estivo acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín Garcia; polo director xeral da editorial Galaxia, Víctor Freixanes; pola ilustradora María Seoane e polas escritoras Rosario Golmar, Rosalía Morlan, Andrea Porto, Celia Parra, Eva Lozano, Inma López Silva e Yolanda Castaño.

Ademais das escritoras que asistiron ao acto de presentación, tamén participan nesta publicación Rosa Aneiros, Helena Villar Janeiro, Fina Casalderrey ou Anxos Sumai, así ata chegar ás 26 autoras galegas que asinan este libro composto por outros tantos discursos aos Reis Magos, cada un deles acompañado por unha ilustración asinada por Marina Seoane. O obxectivo do libro é que ao longo das cabalgatas que se celebrarán o vindeiro 5 de xaneiro, as Súas Maxestades poidan ler estas cartas escritas en galego.

Eesta iniciativa encádrase dentro das accións de Nadal en Rede desenvolvidas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística a través da Rede de Dinamización Lingüística e dirixidas aos máis cativos co obxectivo de favorecer o uso do galego”. Cómpre destacar que este libro xa chegou a todos os concellos que integran a RDL e está dispoñible a través do enlace web http://www.xunta.es/linguagalega/libro_reis_magos

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *