Portada > Actualidad > Organízase unha limpeza no litoral arteixán

Organízase unha limpeza no litoral arteixán

O Club Salvamento Arteixo organizou o domingo 12 de Maio unha xornada de recollida de residuos polas praias do Concello de Arteixo. En total 150 persoas formaron unha marea azul polos areais, empezando en Sabón e rematando no Reiro.

Nais, pais e demais familiares uníronse aos deportistas do clube na recollida da basura das praias. Esta iniciativa sirve para concienciar da importancia da xestión dos residuos e da reutilización de materiais con baixa degradación co obxectivo de manter o litoral limpo e saudable.

4

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *