Portada > Actualidad > O CEIP Ponte dos Brozos, un dos gañadores de “Nós tamén cremos!”

O CEIP Ponte dos Brozos, un dos gañadores de “Nós tamén cremos!”

A Xunta de Galicia deu a coñecer hoxe 21 de xuño de 2019, a través do Portal educativo e do Portal da lingua galega, a resolución da VIII edición dos Premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos!, convocados conxuntamente coa Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) en colaboración con OQOeditora.

Na modalidade de educación infantil, o xurado concedeulle o premio ao CEIP Ponte dos Brozos, de Arteixo (A Coruña), polo filme Cantas pingas na cidade.

Na categoría de 1º e 2º de primaria resultaron galardoados o profesorado e o alumnado do centro de educación especial Terra, de Ferrol (A Coruña), polo traballo Andrés cabeza abaixo. A curta Maruxa, do CEIP Poeta Avelino Díaz, de Meira (Lugo), fíxose co premio na modalidade de 3º e 4º de
primaria.

Cada un dos centros premiados recibirá un lote de libros de OQOeditora, un agasallo da CRTVG e un diploma acreditativo. Ademais, o profesorado participante nas curtas premiadas obterá unha certificación de Premio de Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

As curtametraxes seleccionadas poden verse no Portal da lingua galega , así como na sección infantil do web da Televisión de Galicia .

Nós tamén creamos!” é un programa de dinamización lingüística que desenvolven conxuntamente as consellerías de Cultura e Turismo e de Educación, Universidade e Formación Profesional a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa CRTVG e con OQOeditora.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *