Portada > Actualidad > O BNG Arteixo presenta su candidatura

O BNG Arteixo presenta su candidatura

O BNG de Arteixo presenta este venres 12 de abril o primeiro tramo da candidatura para as vindeiras eleccións municipais do 26 de maio.

No acto público intervirán; Xurxo Couto, candidato á alcaldía do BNG Arteixo; Silvia Seixas, portavoz do grupo municipal do BNG en Arteixo; Néstor Rego, candidato número 1 ao Congreso polo BNG; María Xosé Bravo, candidata número 2 ao Congreso polo BNG.

Os candidatos ao Congreso polo BNG arrouparán ao candidato en Arteixo no día de comezo da campaña electoral das vindeiras eleccións xerais do 28 de abril.

O acto público comezará ás 20h no Auditorio do Centro de Novas Tecnoloxías (Avenida Arsenio Iglesias, 46, Arteixo).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *