Portada > Actualidad > Novas conferencias sobre o acoso escolar en Arteixo

Novas conferencias sobre o acoso escolar en Arteixo

A Área de Benestar Comunitario organiza nos centros educativos un ciclo de conferencias sobre o bullying dirixidas á comunidade educativa a través das ANPAS.

Respondendo á demanda das familias na Mesa Municipal contra a Violencia de Xénero dan resposta cunha conferencia inicial na que se abordará a prevención e identificación do acoso escolar por parte de pais e nais.

Estas terán lugar ás 19 horas co seguinte calendario:

21 de maio: IES Murguía

22 de maio: CEIP Ponte dos Brozos( no salón de actos do Centro Tecnolóxico de Arteixo)

23 de maio: CEIP Galán

24 de maio: CEIP Arteixo

Espérase que sexan do interés das familias para poder adicarlle este tempo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *