Portada > Actualidad > No foro galego de inmigración fálase sobre a integración intercultural en Galicia

No foro galego de inmigración fálase sobre a integración intercultural en Galicia

Galicia acolle arredor de 90.000 persoas de diversas orixes o que representa un porcentaxe pequeno da poboación. Isto, segundo explica Miguel Fernández Blanco, voceiro do Foro Galego de Inmigración, debería ser unha vantaxe para a integración intercultural. Mais, para conseguilo, di “se deberían abrir camiños para que estas persoas poidan participar de forma activa nos ámbitos socias de participación partindo do principio de que as persoas estranxeiras son veciños e veciñas”.

Entre 2001 e 2008 houbo unha chegada significativa de persoas migrantes a Galicia. Había sobre 120.000 persoas doutros países empadroadas aquí. A crise provocou un cambio neste proceso. Non porque marcharan porque a poboación en Galicia tiña clara intención de asentarse pero disminuimoito a chegada de persoas. Polo tema da crise e porque por parte do Estado houbo un aumento dos mecanismos de control da poboación migrante polo que se evitaron as chegadas. En Galicia, no último ano estamos en torno a 90.000 persoas. Respecto do marco lexislativo, non variou moito. A Lei de Estranxeiría está vixente dende o ano 2000 e é prácticamente a mesma lei. É unha gran mentira que a xente veña porque se fan políticas máis ou menos restrictivas. Isto emprégase moito a nivel político pero o efecto chamada é unha mentira. As razóns dos fenómenos migratorios teñen que ver coas situacións de saída. A chegada de persoas pola vía marítima, en pateras, prodúcese porque se pecharon outras vías pero falamos de 60.000 persoas para toda España. É un número moi reducido pero se o queren vender como avalancha, se vende.

O tema das axudas sociais é radicalmente falso. As persoas que están en situación irregular non teñen dereito a ningún tipo de axuda. Só hai algún concello en Galicia que habilitou unha renta social que permite que persoas en situación irregular poidan acceder. Estamos cunha campaña para que a RISGA chegue tamén a este colectivo pero non se permite. Entre as persoas regulares tamén se produce discriminación porque normalmente esas axudas se vinculan cun proceso de empadronamento, un tempo de residencia nun determinado lugar e estas persoasmóvensemáis que a xente de aquí. Outro factor é que estas axudas se vinculan con persoas que non están en situación de traballar e a poboación activa do colectivo migrante en Galicia é de entorno ao 70%.En Galicia haiarredor de 38.000 persoas migrantes de alta na Seguridade Social e 3.000 no réxime de empregadas do fogar. Nós xestionamos traballos deste tipo e, nos momentos máis difíciles da crise, tampouco había mulleres ou homes españois interesados neste tipo de traballos. Haitamén un número significativo de traballadores do mar porque a xente de aquí non quere estar no mar. Cando buscan un traballo en competencia coa xente de aquí, claramente escollen á outra persoa.

Galicia podería ser un bo exemplo de integración intercultural pero para iso fan falta normas que sexan o máis igualitarias posibles. Os concellos deberían intentar que as axudas de tipo social chegaran a todos os colectivos e iso favorecería estos procesos de integración. Ás veces, dende os concellos, se entende como actividade intercultural un festival de comidas do mundo cando o proceso de integración é que esas persoas participen nos equipos de fútbol, nas asociacións veciñas ou culturais para que o proceso sexa moito máis natural.

No momento en que a situación económica era mellor se promoveron oficinas de información nas cidades. Había certos servizos específicos para este colectivo que desapareceron coa crise e hai que restauralo. Os concellos deben ter oficinas de asesoramento e atención propia para este tipo de colectivos porque o feito de que o faga o concello tamén é un paso para a integración. Os esforzos son moi pequenos porque soe ser un apéndice dos servizos socias que xa soen estar bastante masificados.

É un tema moi importante o facer un maior esforzo dende a infancia. Na integración na escola, os colexios ás veces non teñen alternativas. Debería haber un plan de acollida eficaz ben determinado e non o hai. O que resulta máis eficaz é a convivencia real. Somos bastante optimistas porque o futuro vai ser claramente intercultural e tende a mellorar. Concellos como Arteixoteñen un grupo significativo de poboación migrante que pode integrarse en moitas actividades socias e ese é o camiño.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *