Portada > Cultura > Íate buscando

Íate buscando

Atopeite un día
non te ía buscando
ti dixeches “Hola”
eu respostei algo
algo que non lembro
pero decontado
decateime nena
tíñate atopado
Lémbrome de aquel día
non podo esquecelo
ti falabas moito
eu estaba en silenzo
ollando o teu sorriso
e casi sen querelo
entre fala e fala
tíñate atopado
Como as néboas pechas
se van espallando
as miñas tristuras
grazas ás túas verbas
fóronse alonxando
Esas túas verbas
ditas con encanto
sen eu darme conta
fóronme alegrando
E sen darme conta
sen te ir procurando
dacateime nena
tíñate atopado
Pasou aquel día
como outros tantos
falamos, rimos
e até que choramos
E sen darnos conta
sen irnos procurando
atopámonos nena
e xa non o deixamos
Agora que estás lonxe
lonxe do meu lado
aquelas tristuras
de novo voltaron
Por iso raíña
prégache este coitado
que axiña que poidas
voltes pra apertalo
Desexo ese día
tanto que non paro
de pensar en ti
de anaco en anaco
E agora mesmo
mentres eu te agardo
teño que dicircho
ÍATE BUSCANDO
José Vázquez Liste
23/07/2012

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *