Portada > Actualidad > Horticultura Ecolóxica, nova actividade proposta polo Concello

Horticultura Ecolóxica, nova actividade proposta polo Concello

A Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa, ofrece unha nova actividade denominada “HORTICULTURA ECOLÓXICA”, para as tardes dos mércores na Aula da Natureza.

Esta actividade dirixida á rapazada de Educación Primaria, pretende ser un espazo de experiencias e aprendizaxe teórico-práctico, orientado ao desenvolvemento sostible, á educación ambiental e á agroecoloxia onde se creará un horto e se fará compostaxe.

O alumnado desenvolverá múltiples experiencias relacionadas coa contorna rural, hábitos de responsabilidade e coidado da natureza.

A preincrición está aberta do 18 ao 28 de febreiro.

A actividade dará comezo o día 13 de marzo en horario de 18:15 a 19:45h.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *