Portada > Actualidad > Festas patronais 2019

Festas patronais 2019

O Concello ven de presentar o programa das festas patronais de Arteixo que se celebrarán entre o 21 e o 27 de xullo de 2019.

Entre os artistas que actuarán en Arteixo estarán Serafín Zubiri e Mikel Herzog co seu novo espectáculo; Los Satélites, Panorama, Gisela e o seu espectáculo de música xuvenil. Tamén se organizarán actos paralelos como o Festival de Habaneras ou o Torneo de Xadrez.

Para os máis pequenos tamén haberá na festa espectáculos como o que mezcla humor e acrobacias.

Ademais o Concello de Arteixo está a licitar a instalación do bar da festa, que sale a subasta pública a partir dunha oferta mínima de 24.000 euros. O importe mínimo a satisfacer pola explotación do bar do campo da festa durante todos os días de festa é de 24.000,00 €. O prezo mínimo poderá ser incrementado á alza, adxudicándose a autorización á mellor oferta, establecéndose a prelación do resto de licitadores de maior a menor canon ofertado. No caso de empate resolverase por sorteo público entre os empatados e na mesma sesión da mesa de contratación na que se procede á apertura de plicas. O importe deberá ser aboado integramente no prazo de 5 días hábiles seguintes a adxudicación do contrato.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *