Portada > Actualidad > Exposición de fotografía no Centro Cívico Cultural de Arteixo

Exposición de fotografía no Centro Cívico Cultural de Arteixo

Cartel da Rapa das Bestas

Dende o luns 19 de febreiro a partir das 20:30 horas, poderase acudir á inauguración da exposición de fotografía “Un día na rapa das bestas (do monte ó curro)” de Sindo Novoa, na sala de exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo.

De inicios autodidactas, o fotógrafo acadou o segundo lugar no 3º Concurso de Fotografía de Galicia Enteira, o terceiro premio no II Concurso Fotográfico “Olladas de Igualdade” e o terceiro premio no concurso de Fotografía AGACS 2017, entre outros.

Máis recentemente publicou no Blog Punto de Enfoque do Xornal “El País” unha fotografía desta exposición ao ser escollida para a galería das 30 mellores no concurso #MiMejorFoto.

A mostra, que permanecerá aberta ata o 16 de marzo, preséntanos 20 fotos que amosan intres desta festa en Sabucedo, Concello da Estrada, a cal foi declarada de interese turístico internacional.

Horario:

De luns a venres:
Mañás 10:30 h a 14:00 h
Tardes 16:30 h a 20:00 h

Sábado:
Mañá 10:30 h a 14:00 h

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *