Portada > Actualidad > CREARTEIXO: un novo mecanismo contra a violencia de xénero

CREARTEIXO: un novo mecanismo contra a violencia de xénero

O Concello de Arteixo dentro do marco do Pacto de Estado contra a violencia e xénero pon en marcha CREARTEIXO. O Centro de Información ás Mulleres, da área de Benestar Comunitario que dirixe Inés Ramos,  busca sensibilizar á poboación e previr a violencia de xénero no municipio, empregando o cine como eixo central das actividades.

No día a día, as persoas estamos expostas a gran cantidade de contidos audiovisuais que determinan a nosa socialización, ata o punto de ser responsables en gran parte da construción da nosa identidade individual e colectiva.  

CREARTEIXO recolle varias actividades dirixida  un amplo sector da poboación: no núcleo urbano e nas parroquias rurais, xente moza e mulleres maiores…que teñen en común o uso do  o cine coma ferramenta educativa e de acción social:

Participar nunha creación audiovisual permitirá reflexionar sobre os diferentes roles que desempeñan mulleres e homes e poñer de manifesto as diferenzas e desigualdades. O alumnado traballará man a man con profesionais do audiovisual e con especialistas en igualdade na creación de obras audiovisuais.

A primeira reunión terá lugar o venres 10 de maio ás 17,30 horas na EXA ( Espazo Xuvenil de Arteixo).

Haberá un obradoiro práctico de cine dirixido a mulleres maiores de 55 anos no que se analizará o  proceso de creación dunha película para que as participantes creen e conten as súas historias.

A convocatoria é para o luns, día 13 ás 16 horas no CIM ( Centro de Información ás Mulleres)

Unha selección de películas que se poderán ver nas diferentes parroquias do Concello permitirá ver traballos realizados por mulleres e analizar a representación das mulleres no cine desde un enfoque de xénero. As proxeccións irán acompañadas de charlas e debates.

O proxecto pecharase con unha gala no mes de xuño na que se presentarán as obras realizadas nos obradoiros.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *