Portada > Deportes > Comeza a conta atrás para a celebración da “Ronda Élite Sub-19 feminina

Comeza a conta atrás para a celebración da “Ronda Élite Sub-19 feminina

Comeza a conta atrás para a celebración do Minitorneo “Ronda Élite Sub-19 Femenina”. A Real Federación Galega de Fútbol volve a facer unha forte aposta polo fútbol feminino asumindo a organización deste Minitorneo, clasificatorio para o Campionato de Europa da categoría. A Federación Española aprobou a candidatura galega e desde a Federación eliximos Santiago e Vilagarcía como sedes do campionato, localidades con instalacións que cumpren coas esixencias UEFA e que están ubicadas en zonas con importante arraigamento do fútbol feminino.

A Real Federación Galega de Fútbol realiza un importante esforzo económico e organizativo para albergar esta competición UEFA na que a Selección Española sub 19 feminina xogarase en Galicia a clasificación para o Europeo da categoría. Os estadios Verónica Boquete de San Lázaro en Santiago de Compostela e A Lomba de Vilagarcía acollerán a competición do 3 ao 9 de abril. As seleccións que compoñen este grupo son España, Irlanda, Serbia e Hungría.

Coa conta atrás do reloxo xa en marcha, o seleccionador español Pedro López desprazarase mañá xoves a Galicia para tomar boa nota de todos os detalles que rodean a esta competición. Así, e tras aterrar en Santiago de Compostela á primeira hora da mañá, Pedro López ten previsto supervisar o estado do Estadio Vero Boquete de San Lázaro sobre as 13 horas do mediodía.

Así mesmo, o preparador do equipo sub 19 feminino tamén ten previsto desprazarse  posteriormente a Sanxenxo, onde visitará o hotel no que permanecerá concentrada a Selección Española (tamén o resto dos equipos participantes nesta Rolda Elite) e posiblemente ó estadio da Lomba en Vilagarcía malia que España non disputará os seus encontros alí. Tamén supervisará algún dos escenarios previstos para os adestramentos.

O combinado nacional chega o domingo día 31 de marzo ao seu cuartel xeral de Sanxenxo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *