Portada > Actualidad > Actividades para festexar o Día do Libro

Actividades para festexar o Día do Libro

Día do libro

O próximo luns, 23 de Abril, celébrase o Día do libro e no concello de Arteixo xa se pode gozar de actividades para fomentar a lectura.

Hoxe, sábado, a Rede Municipal de Bibliotecas fai unha saída o tradicional Feirón.

Como cada ano, no mes de abril, a Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo, fai unha saída a parte peonil da Avenida do Balneario en Arteixo, para celebrar o mes do libro. Na caseta habilitada o efecto, desde as 10 da mañá ata, aproximadamente, as 13:30 horas horas estará o persoal das bibliotecas para informar de todas as actividades e servizos ofertados. Repartiranse ademáis libros procedentes de expurgos ou doazóns. A saída contará coa animación da asociación cultural de Lisístrata.

Podedes aproveitar este día para participar na Xincana Literaria organizada polo CCA. Ata o domingo 29 de abril haberá 51 citas diferentes nalgúns dos establecementos do CCA de Arteixo ubicados no núcleo da vila. Quen atope o autor ou autora de todos os libros, conseguirá 100 euros.

Dentro da celebración do mes do libro, o próximo martes 24 de abril terá lugar  unha charla con Xabier Maceiras, que estará as 19horas na Libraría Marina, na avenida de Finisterre nº 175. A xornalista Isabel García falará con el das últimas investigacións que está a facer, dos seus libros e de anécdotas da nosa vila. Posteriormente, Maceiras asinará o seu famoso último libro “Crónicas de Arteixo”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *