Portada > Actualidad > Aberto o prazo para inscribirse no 7º Concurso de Maios

Aberto o prazo para inscribirse no 7º Concurso de Maios

A Concellaría de Cultura e Festas convoca o Concurso de Maios por séptimo ano consecutivo con motivo da celebración da Festa das Flores. Os maios participantes serán expostos na Avda. do Balneario o sábado 25 de maio co fin de promover a tradición, o respecto á natureza e fomentar a creatividade e o goce polo artístico.

Mantense a existencia de dúas modalidades:

Maio Tradicional: oque representa formas de pirámide, cono ou cruceiro elaborado con materiais naturais, tradicionais e típicos de Galicia (madeira, flores silvestres, froitas, xestas, musgo…)

Maio Artístico: oque recrea figuras humanas, escenas cotiás, monumentos, obras de arte ou a representación libre dos maios, podendo utilizar calquera tipo de material.

As súas medidas deben oscilar entre 1,5 e 2 metros de altura e cada modalidade está dotada cun único premio de 300 €, concedéndose un premio especial para centros educativos, tamén de 300 €. Ademais, concederanse premios de 100,00 € pola participación logo da comprobación e estudo, por parte do xurado competente, de que o Maio está debidamente elaborado. O número de maios non poderá exceder de 22, polo que serán admitidos por rigorosa orde de inscrición.

As inscricións dos participantes faranse no SM de Cultura (Centro Cívico Cultural. Paseo Fluvial s/n) en horario de atención ao público e rematará o día 13 de maio ás 13:30 horas.

Os traballos gañadores daranse a coñecer o sábado 25 de maio na Praza do Balneario ás 13:00 h nun acto no que contaremos coa actuación da Asociación Xuvenil Xiradela.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *