Portada > Actualidad > Aberto o prazo de solicitude de dous programas de axudas para desempregados

Aberto o prazo de solicitude de dous programas de axudas para desempregados

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar dúas convocatorias de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar o emprego nos concellos galegos, dous programas nos que se investirán 9,2 millóns de euros, co que se prevé a contratación de 1300 persoas. As iniciativas, en concreto, están dirixidas á contratación de perceptores da Risga e de desempregados en xeral para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social. Nos dous casos, o prazo de solicitude rematará o próximo 11 de febreiro.

Os apoios dirixidos aos concellos galegos para a contratación de perceptores da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) inclúen un orzamento de 7,7 millóns de euros para empregar a 700 persoas en situación ou risco de exclusión social. Como novidade para 2019, a duración dos contratos amplíase de 7 a 9 meses. Estímase un importe medio da axuda por contrato de preto de 11.000 euros fronte aos 8900 euros concedidos na convocatoria de 2018. Para a resolución das axudas teranse en conta o número de persoas desempregadas e a evolución do paro rexistrado no período 2014-2018, así como a evolución da poboación neste mesmo período e o número de persoas perceptoras da Risga de cada concello a 31 de decembro de 2018.

O segundo dos programas está dirixido tamén aos concellos, neste caso, para a contratación de desempregados para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social, uns apoios que as administracións locais destinan fundamentalmente á contratación de socorristas. Investiranse 1,5 millóns de euros para apoiar o traballo de 600 desempregados.

As dúas actuacións forman parte dun paquete de axudas da Xunta para impulsar en Galicia o emprego local. En total, a Xunta investirá en 2019 a través de catro programas máis de 22,3 millóns de euros para apoiar o mantemento ou a creación de 2150 postos de traballo no ámbito local.

Ademais dos apoios dirixidos aos concellos galegos para a contratación de perceptores da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) e das axudas dirixidas tamén aos concellos, neste caso, para a contratación de desempregados para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social, atópanse tamén os apoios do programa Aprol Rural (o prazo de solicitude xa está aberto e remata o 4 de febreiro) e as axudas para o mantemento e contratación de orientadores laborais no ámbito local (concellos e confederacións e asociacións empresariais e sindicais) e nas entidades sen ánimo de lucro especializadas na atención a persoas con capacidades diferentes e en risco de exclusión.

Estas liñas de axudas forman parte da Axenda 20 coa que o Goberno galego está impulsando en Galicia a creación de emprego de calidade. O obxectivo destes programas é a mellora da empregabilidade das persoas participantes, que teñen que estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG). Con esta iniciativa, polo tanto, ofréceselle aos participantes unha oportunidade para adquirir unha experiencia laboral que redunde na súa empregabilidade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *