Portada > Actualidad > A Xunta conserva e limpa en Arteixo tramos urbanos de ríos

A Xunta conserva e limpa en Arteixo tramos urbanos de ríos

A consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar a inicios do verán de 2019, actuacións de limpeza de conservación nos tramos interurbanos de ríos no concello de Arteixo, entre outros.

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo nos tramos interurbanos do río Vidueiro, no lugar de Pedregal, e no afluente do río Pastoriza, na rúa Magdalena Kiel, en Meicende.

As tarefas consisten na roza de maleza das marxes e que invade o leito, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Estas accións se enmarcan no programa de mantemento de Augas de Galicia, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

Este tipo de traballos da administración hidráulica da Xunta permiten a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *