Portada > Actualidad > A Xunta adxudica os traballos de explanación de 6 plataformas en Morás

A Xunta adxudica os traballos de explanación de 6 plataformas en Morás

A empresa pública Xestur adxudicou hoxe os traballos consistentes na explanación de seis plataformas do parque empresarial de Morás, no Concello de Arteixo, e os servizos de control de calidade de dita obra. En total, a empresa investirá nestes traballos máis de 1,68 millóns de euros.

As plataformas cuxa explanación de adxudica están emprazadas na primeira fase do parque empresarial de Morás, no que se están executando as obras de urbanización interior. As plataformas a explanar son as denominadas K-01, E-1, E-2, J-2, J-8 e J-10. Cos traballos de explanación das plataformas quedarán as parcelas listas para a implantación de empresas unha vez rematen as obras de urbanización da primeira fase do parque empresarial.

Xestur Galicia destinará un total de 1.649.036,00 euros aos traballos de explanación.

Por outra parte, Xestur tamén adxudicou os traballos de control de calidade da explanación, por importe de 37.364,80 euros, IVE incluído.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *