Portada > Deportes > A RFGF crea por primeira vez as Comisións de Terceira, Preferente e Primeira Galicia

A RFGF crea por primeira vez as Comisións de Terceira, Preferente e Primeira Galicia

A Real Federación Galega de Fútbol segue facendo historia. Durante a xornada do pasado mércores deu outro paso adiante no seu compromiso con todos os clubs de Galicia coa posta en marcha, por primeira vez na traxectoria da entidade federativa, das Comisións de Terceira División e Preferente Galicia.

O lugar elixido para esta convocatoria tan especial foi a sede da Real Federación Galega de Fútbol en Santiago de Compostela, que desde primeira hora da tarde albergou os encontros cos clubes, en primeiro lugar, de Terceira e, posteriormente, de Preferente.

A Terceira División está representada na súa Comisión por un total de oito clubs (CD Arenteiro, Racing Club Villabés, Bergantiños FC, UD Somozas, CD Choco, Arosa SC, CD Boiro e Alondras CF), quedando representadas todas as delegacións federativas. E por parte da RFGF acudiron a esta primeira reunión de traballo o presidente Rafael Louzán; Javier García como presidente da devandita Comisión; Diego Batalla como Secretario Xeral; José Manuel Fernández en calidade de Directivo; Raúl Rois como Delegado; e José Luis Corral como representante do Comité Técnico de Árbitros.

Nesta primeira Comisión puxéronse sobre a mesa varios temas que serán tratados nunha segunda xuntanza que terá lugar antes de que finalice a presente tempada. Temas como a posibilidade de aumentar as convocatorias a 18 xogadores, os ingresos por dereitos de TV, a implantación do dorsal fixo nas camisetas dos futbolistas, as deficiencias dos balóns Adidas da categoría, a necesidade de ter un maior control e organización dos partidos por parte de todos os equipos e tamén houbo un espazo para amosar a solidaridade coa directiva do Arosa SC, a cal está pasando, especialmente o seu presidente, por un momento delicado debido a unha reclamación xudicial.

Pola súa banda, os clubs convocados para tomar parte na Comisión de Preferente foron: CSD Arzúa, SD Sofán, SD Bande, Club Juventud Cambados, CD Valladares, CD Foz e Atlético Coruña Montañeros. José Manuel Fernández preside a Comisión, na que tamén son membros o vicepresidente Carlos Méndez, o secretario Páxina 2 de 2 xeral, o delegado en Santiago, Javier Reyes Rodríguez, e Roberto Vázquez Alvite en representación do Comité de Árbitros. Tratáronse algúns temas que foron analisados previamente cos clubs de Terceira e algunha temática particular que se puxo sobre a mesa á espera de concretar propostas na próxima reunión.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *