Portada > Actualidad > A Deputación da Coruña acolleu o último pleno do actual mandato

A Deputación da Coruña acolleu o último pleno do actual mandato

A Deputación da Coruña acollleu o 26 de Xuño de 2019 o último pleno do actual mandato, unha sesión de trámite para a aprobación das actas que serviu tamén como despedida da corporación. A sesión incluiu unha lembranza da deputada Ánxela Franco, falecida o pasado 2 de xuño.

O presidente en funcións, Valentín González Formoso, agredeceu “a conxunción de traballo e compromiso” tanto dos traballadores e traballadoras da Deputación coma dos políticos “que fai desta unha institución eficiente ao servizo da cidadanía”.

“Esta corporación foi  o que a xente quixo que fora”, afrmou González Formoso, que destacou que, a pesar “das posicións políticas moi diferentes tivemos a capacidade de pór por enriba de todo os intereses xerais da provincia”:

“Escasean os foros políticos neste país onde o entendemento sexa o motor da institución, e neste caso na Deputación non fallamos a ese compromiso, que debemos seguir aboando porque deixa moi bós froitos”, afirmou.

Un ramo de flores no seu escano e un minuto de silencio lembraron neste último pleno da corporación á deputada Ánxela Franco, falecida o pasado día 2 de xuño. Tanto o presidente da Deputación, Valentín González Formoso como a vicepresidenta, Goretti Sanmartín Rei, interviron no pleno para destacar a honestidade, valentía e compromiso de Ánxela Franco.

González Formoso destacou da deputada que dirixiu a área de Benestar Social, Educación e Igualdade, a súa “defensa do interese xeral, honestidade consigo mesma e a sociedade” e definiuna como unha “persoa sinceira, que nunca deixou de dicir o que pensaba, un orgullo tela como compañeira e amiga”. Pola súa parte, Goretti Sanmartín, mostrou a tristeza pola ausencia dunha muller que retratou como “temperamental, profundamente emocional, comprometida, inmensamente traballadora, capaz de empatizar con quen se achegaba a ela e tamén de mostrar o seu xenio cando era necesario”.  Afirmou

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *