Portada > Actualidad > A Deputación crea o primeiro circuito provincial de carreiras populares

A Deputación crea o primeiro circuito provincial de carreiras populares

carreiras-webO presidente da Deputación da Coruña presentou o 21 demaio na sede provincial o I Circuíto Provincial de Carreiras Populares, onde se incluirán dez probas deportivas organizadas por diferentes concellos da provincia. Ao acto asistiron representantes dos municipios organizadores de cada unha das carreiras: Carballo, Cambre, Ribeira, Ares, Mugardos, Ferrol, A Coruña, Santiago, Ames e Negreira.

Segundo explicou o presidente provincial, acompañado na presentación pola vicepresidenta Mariel Padín, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e a directora técnica da Federación, María Dolores González Fernández, a posta en marcha desta iniciativa comeza a modo de experiencia piloto con dez carreiras. “A nosa idea é continuar con este circuíto en próximos anos, e a nosa idea é tamén abrir unha convocatoria para que calquera carreira que cumpra con todos os requisitos deportivos que esixe a lei poida entrar neste novo premio provincial”, explicou Diego Calvo.

Tamén relatou o motivo polo cal este circuíto comeza con dez probas, xa que como proxecto piloto tratando de abarcar a maior parte do territorio da provincia posible.

Ademais,  todas as que compoñen este circuíto contan cunha grande tradición, gran acollida popular e todas elas están incluídas no calendario da Federación de Atletismo, garantindo así que estas competicións cumpren todos os requisitos necesarios.

Diego Calvo asegurou, ademais, que a Deputación da Coruña está facendo unha importante aposta polo deporte da provincia e lembrou o Circuíto de Ciclismo BTT, da que xa se disputaron dúas etapas, o paso de La Vuelta a España pola provincia coruñesa e a propia Volta ciclista á provincia, que terá lugar este fin de semana.

Pola súa banda, Isidoro Hornillos, o presidente da Federación de Atletismo, agradeceu a colaboración da Deputación na organización destas carreiras e o apoio que a institución demostrou nos últimos anos ao deporte de base. Hornillos quixo gabar o deporte pedestre, do que salientou as súas funcións “saudables, recreativas, sociais, educativas e competitivas” e o seu amplo abanico de posibilidades: “Pódese realizar so ou en compañía, a calquera idade e sen precisar ningunha instalación”.

O presidente da federación fixo unha presentación do funcionamento do circuíto, no que poderán participar desde os nacidos no 2004 ata maiores de 60 anos, xa que haberá diferentes categorías adaptadas a cada idade.

Modelo de puntuación

Os participantes no circuíto deberán, a lo menos, correr en cinco das probas incluídas no programa provincial. Todos os corredores que rematen a carreira recibirán un punto e os primeiros 50 clasificados recibirán unha puntuación extra na que o primeiro terá 50 puntos, o segundo 49 e así, sucesivamente, ata que o que chega no 50ª lugar sume un punto.

As probas incluídas neste primeiro circuíto serán:

–         III Carreira Popular do Concello de Carballo (16 de xuño)

–         CorreSan Nocturna de Santiago (13 de xullo)

–         XII Mila Urbana de Ares (3 de agosto)

–         XIV Maratón Popular Concello de Cambre (14 de agosto)

–         Maratón de San Xoán de Piñeiro de Mugardos (7 de setembro)

–         A Carreira Nocturna Concello de Ferrol (14 de setembro)

–         XVI Carreira Popular Santa Uxía de Ribeira (29 de setembro)

–         VII ACoruña10 (6 de outubro)

–         Carreira Pedestre do Concello de Ames

–         XXXIV Carreira Popular de Negreira.

Fuente: Deputación A Coruña

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *