Portada > Actualidad > A Deputación convoca as axudas do PEL 2019 á contratación e o emprendemento

A Deputación convoca as axudas do PEL 2019 á contratación e o emprendemento

O Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña destinará durante 2019 un orzamento de 5,26 millóns de euros para apoiar ás pequenas e medianas empresas da provincia na contratación de novos traballadores e traballadoras e para apoiar aos emprendedore/as da provincia no impulso ás iniciativas empresariais da recente creación.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases das liñas de subvencións PEL- PEMES e PEL-EMPRENDE 2019.

Como en anos anteriores, a liña PEL-PEMES, cun orzamento de 3 millóns de euros para 2019, está destinada ás pequenas e medianas empresas con domicilio fiscal en calquera dos 82 concellos de menos 20.000 habitantes da provincia e cubrirá o 75% dos custes salariais totais de cada nova contratación, incluidas as cotas á Seguridade Social, por un período mínimo de un ano. Como máximo poderase contratar a unha persoa por empresa.

Este programa inclúe unha liña de axudas ao mantemento do emprego, de xeito que aquelas empresas que desexen manter en plantilla un ano maís aos traballadores/as contratados ao abeiro do PEL do ano pasado poden acceder a unha subvención do 50% do salario. En 2018, catro de cada dez empresas que obtiveron axudas do PEL para a contratación de persoal optaron por renovalas para seguir contando cos traballadores.

As persoas a contratar deberán cumprir unha serie de requisitos, como estar empadroadas en calquera dos municipios da provincia da Coruña, estar en situación de desemprego e inscrita nos servizos públicos de emprego, non ter mantido relación laboral coa empresa beneficiaria da subvención nos meses anteriores ou non ter relación de parentesco coa persoa empregadora.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *