Portada > Actualidad > 190 deportistas na XIII edición da Travesía a Nado no Porto de Suevos

190 deportistas na XIII edición da Travesía a Nado no Porto de Suevos

O sábado 27 de xullo (2019) celebrouse a XIII Edición da Travesía a nado Concello de Arteixo – XII Memorial Marina Álvarez, que organizan o Club Natación Arteixo eo Concello de Arteixo no Porto de Suevos.

O día amañeceu moi chuvioso en Suevos pero co mar tranquilo. No momento de iniciar as probas xa despexara o que levou a ter moi boas condicións para a celebración deste xa clásico evento entre as travesías de verán.

A temperatura da auga era de 18,5º,  polo que o uso de neopreno foi optativo. Un total de 190 deportistas foron os que disputaron as diferentes categorías e distancias da proba.

Un ano máis, a distancia de 2500, pertencente ó Circuíto Galego de Augas Abertas, superou ó resto das distancias en canto a participación. Os campións absolutos da distancia de 2500 metros foron Javier Alonso e Ana Buceta, ambos do CN Ponteareas.

A proba de 2500 contou con máis de 80 participantes, a de 800 metros, con 77 nadadores. Como remate da mañá celebrouse a proba dos pequenos, de 200 metros, bo estreo destas idades nas augas abertas, coa participación de case 30 nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, que alegraron ó final deste evento.

Gañadores por categorías
2500 Metros
1- Manuel Regueiro (CNArteixo), Martín Carrera (CN Ponteareas), Xian
Prego (CNArteixo)
2- Penélope Martínez (CNArteixo), Antía Ortego (CN Galaico), Cora Vinagre (AD Fogar)
3- Javier Alonso (CN Ponetareas), Juan Rey (CN Riveira), Pablo Martín (CN Galaico)
4- Ana Buceta (CN Ponteareas), Ángela Martínez  (RCN Vigo), Alba Maestro (CE Mediterrani) 800 Metros
5- Carlos García, Javier Couso, Luis R. González

6- Estefanía González
7- Álvaro Gómez, César Montes, Javier Mon
8- Alba Otero, Nerea Iglesias, Enriqueta Iglesias
9- Javier Carril, Manuel Mellid, Manuel Ruibal
10- Alejandra Rodríguez, Lucía Varela, Sandra Pérez
11- Rubén Otero, Nicolás Ramos, Ricardo Tubío
12- Marta Novo, Inés Borge, Silvia Martínez 200 Metros
13- Manuel Souto, Xoel Cubeiro, Paulo Rivas
14- Lucía Villarnovo, María Camba, Pablo Rodríguez

En canto a trofeos especiais, o do nadador máis novo foi para Xoel Camba Vázquez, de 9 anos e o do nadador máis veterán foi para José Leal Piñeiro, con 77 anos.

Os trofeos “Marina Álvarez” ós mellores nadadores do Club Natación Arteixo, leváronos, na categoría masculina Manuel Regueiro (2500 m) e Javier Carril (800 m); na categoría feminina foron Penélope Martínez (2500 m) e  Nerea Iglesias (800 m) as premiadas.

                   

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *