martes, diciembre 12, 2017
Portada > Cultura > O Xurado do Certame Manuel Murguía fai públicos os nomes dos finalistas

O Xurado do Certame Manuel Murguía fai públicos os nomes dos finalistas

Foto Xurado Manuel Murguía 2017

O Concello de Arteixo ven de facer público o nome dos finalistas do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía que se vai celebrar o 19 de maio ás 20 horas no Centro Cívico e Cultural de Arteixo.

O xurado, reunido o pasado 22 de abril, está composto por Anxos Sumai, escritora e representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega;, Beatriz Rodríguez Rodríguez, profesora da Universidade de Vigo e representante da Asociación Galega da Crítica; Diego Giráldez, gañador da 25ª edición; e Alfredo Ferreiro Salgueiro, coordinador literario, que asistiu como secretario, con voz e sen voto.

Por unanimidade decidiron conceder os tres premios ás seguintes obras finalistas: Reversible , de Jesús Amboage García;  Corazón de Aquiles , de Noelia Cendán Teijeiro; A semântica oculta de Mrs. Hockett , de Teresa Moure Pereiro.
Dos 58 relatos recibidos, 52 foron admitidos a concurso porque cumprían estritamente as bases. Os premios, que se coñecerán durante a cerimonia, contan coa seguinte dotación: 4.000 € para o primeiro, 500 € para o segundo e 300 € para o terceiro.
Como novidade deste ano, a coordinación destaca a presenza no xurado de un membro da Asociación Galega da Crítica, feito que, grazas a un recente acordo de colaboración similar ao precedente coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, vincula de maneira máis decidida o Certame ao sistema literario galego.

 

Programa cultural del Certame Manuel Murguía

O acto de entrega ofrecerá outros alicientes como a actuación musical do grupo EJazz , as intervencións artísticas do colectivo XIPA (xoves ilustradores e pintores de Arteixo) e un viño de honra como fin de festa.
O evento incluirá ademais unha lembranza da figura de Carlos Casares, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, mediante a proxección de “ A luz de Carlos ” en que se fai referencia á relación do autor ourensán con Arteixo.
Entorno a este Certame, a Concellaría de Cultura e Festas ofrece unha proposta cultural para o mes das Letras na que se inclúe: unha exposición do premiado fotógrafo Marcos Rodríguez, un encontro literario con autores locais onde se fará unha lembranza ao poeta, recentemente falecido, Paco Souto, a tradicional ofrenda floral ao monolito de Oseiro na honra a Manuel Murguía e o concerto en Meicende do artista Manolo Couto.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *