domingo, junio 24, 2018
Portada > Actualidad > “SHERLOCK HOLMES”, no Centro Cívico Cultural de Arteixo

“SHERLOCK HOLMES”, no Centro Cívico Cultural de Arteixo

“Sherlock Holmes” en Arteixo

O venres 23 de febreiro de 2018, ás 20:45 h, ten lugar a actuación de “Sherlock Holmes” da man de Cayetano Lledó, no auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo.

Dende a fundación da súa compañía de teatro máxico no 2007, “Sherlock Holmes” ten percorrido máis de 150 concellos galegos. Ó longo deste tempo, trazou a súa  traxectoria como actor e axudante de produción de eventos relacionados coa maxia, como os festivais de Compostela máxica, Maxia Marín, Nadal máxico ou o Congreso máxico nacional da Coruña.

Fóra do ámbito galego ten actuado en cidades como Granada e Cáceres e falando do internacional, en países coma Francia, Portugal, Irlanda ou Italia.

A obra “Sherlock Holmes” está dirixida a todos os públicos; cun custo de entrada de 3 € para todo o público e de 2,25 € para aquelas persoas maiores de 65 anos ou estudantes de ensinanzas homologadas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *