domingo, agosto 19, 2018
Portada > Deportes > “O que máis impacta e engancha da India é o crisol de culturas que atopas”

“O que máis impacta e engancha da India é o crisol de culturas que atopas”

Bicicleta

 

A India é o país máis superpoblado do mundo, cunha tradición ancestral e unha mezcla de culturas case imposible de atopar noutros países. Como explica Damián Tuset, “só co que ves por Internet xa te fascina”. Foi iso o que levou a este arteixán a viaxar ao país asiático e recorrer a parte norte coa súa bicicleta.

Mais non foi só unha viaxe turística. A faceta solidaria estivo moi presenta grazas a 7Varas e a ONG Semilla para el Cambio e o bar La Ventana de Arteixo. Para Damián, esta aportación solidaria facíase imprescindible pois di, “ata o de agora nos viaxes, a xente loca dábame moito a cambio. Axudábanme a buscar onde durmir, ofrecíanme de comer e amosábanme o seu país tal como é, sen guías turísticas.  Sentíame un pouco en débeda e quería deixar pegada”.

Detrás da viaxe hai moita preparación? Un mes ou dous antes xa comezo a vivir a viaxe. Comezo a prepararme psicoloxicamente. É moi importante. Como calquera persoa racional, tes os teus medos, fas unha lista dos medos que tes saber como afrontalos. Todo o proceso do quilometraxe, onde hai albergues, preprar a bici, o visado, as vacunas… Leva o seu tempo pero eu o vivo e pasase ben tamén os meses antes .

Que fixo posible a túa acción solidaria? A marca 7varas de bicis de bambú, vendeume unha bici a metade de precio de mercado coa que percorrín a India. Cando rematei comprauma, polo valor real, o bar La Ventana para sorteala entre os seus clientes. Co que lle gañei a bicilceta invertino en mercar material escolar e de manualidades para a ONG corñesa Semilla para el Cambio. Esta ONG traballa todo o ano India con mulleres analfabetas e marxinadas. Co material escolar aprenden a ler e escibir e co de manualidades fan vestidos, pulseras e collares para vender en España e eses ingresos os reinvirten na ONG.

Tiveches a oportunidad de coñecer os proxectos da ONG na India? Os últimos 7 días estiven botando unha man na ONG. Impactoume moito porque estasmulleres proceden de slums, barrios de chabolas que están recollendo basura. Pouco a pouco, a ONG quere cambiarlles un pouco a vida, que saiban ler escribir e ensinarlles un oficio. Vas vendo pequenos cambios. Deixaron de recoller basura, ainda teñen que ir algunha hora pero van a ONG a aprender a ler, escribir e facer as manualidades. Se non se ve, a xente desconfía un pouco das ONG´s. Esta, ao ser unha ONG pequena, tratas directamente coa directora, voluntarios e ves que a cousa funciona.

Que situación de vulnerabilidade atopaches na India? Vin dende nenos facendo de monos de circo a cambio dunhas propinas que a mellor nin tan sequera son para eles senon para unha mafia local ata xente moribunda nos cruces de carreteira. As mulleres van de ultimas para todo. Nas casas recíbete o home ou os fillos e son eles os protagonistas pero realmente quen fai o traballo é a muller. É unha sociedade bastante machista, funciona a sistema de castas e o home é o principal na casa e na sociedade.

As castas aínda marcan a sociedade da India, como é esta situación? Política e legalmente está abolida pero tradicionalmente, a sociedade aínda funciona por castas. Non se casan entre persoas de distintas castas, non son matrimonios por amor, son amañados polos pais e non podes enamorarte dunha persoa doutra casta. É unha sociedade moi tradicional e moi rural, o 60% poboacion é rural.

Como é a vida nas grandes cidades? O ritmo de vida é frenético e insalubre. Hai moitísima polución, ningún respeto polo medioambiente, casa apiñadas, cabras, monos vacas pola cidade sen ningún tipo de control sanitario… No rural non teñen todos os servicios pero quizais teñan máis calidade de vida. Moitas persoas marchan do rural, onde non hai moitas opción, cada a cidade pero case o fan peor porque os mellores postos de traballo xa están ocupados e van a parar aos peores traballos, aos suburbios das cidades, cosendo 14 horas ou recollendo basura.

A India é unha mezcla de culturas, como se vive na rúa?  Quizais é o que máis impacta e o que máis engancha, o crisol de culturas. Viven xuntos mulsumáns con jainitas, sijistas, hinduistas e sen ningún tipo de problema, conviven en paz. Ves no mesmo negocio a un musulmán, con un budista traballando sen problemas. Iso é o que máis impacta: a cantidade de linguas, relixións, sabores, olores…

Como foi a acollida da xente? A xente é o mellor de viaxar. Sempre te reciben, danche o que non teñen e as veces ata se pelexan para axudarte, darche unha indicación, invitarte a comer. É xente que a pesar de vivir na extrema pobreza é moi digna e con moita calidade humana.

Cal foi a parte máis difícil? Percorrín o norte da India que segue o curso do Ganges  e é bastante llano, en canto a dificultade física foi fácil. O peor foi o tráfico. Xogabas a vida cada hora, é a lei do máis forte. Os coches, buses e camións, pasan rozado cada pouco. En bici non é un país recomendable. Outro tema polo que o pasei mal foi o tema da alimentación, case non comen carne  e perdín 5 kilos porque me alimentaba moi mal. Entre o picante e que non comen case proteínas baixei kilos, perdín musculatura e non estaba forte.

Como foi a readaptación a rutina? O ritmo de vida é diferente, aquí o que notas e que é unha sociedade moito máis individualista. Alí, familia e amigos son moi importantes. No traballo tamén é outro ritmo, son moi desorganizados, tomano con calma, teñen outra filosofía e aquí o ritmo é máis rápido.

Cambiaron estes viaxes a túa forma de pensar? Aprendes a valorar o que tes na túa vida real e tamén a valorar a súa forma de vivir. Aquí non temos tempo a falar cos amigos e alí van mercar e falan co tendeiro, levan unha vida moito máis relaxada. Valoras tamén outras cousas polas que aquí nos queixamos e alí non son nada. A nivel persoal, aprendín a tratar a todo o mundo por igual e que se te abres e interactuas coa xente local podes saír de calquera problema que se te presente na aventura.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *