Portada > Actualidad > O clube SALVAR consegue catro medallas no Campionato de España por Autonomías

O clube SALVAR consegue catro medallas no Campionato de España por Autonomías

Raquel Martínez e Cristina García, do clube SALVAR, conseguiron catro medallas de bronce no Campionato de España por Autonomías celebrado en Carballo na parte de piscina, e na praia do Ézaro na de praias.
Raquel Martínez conseguiu dúas medallas de bronce, nas probas de 200M Obstáculos e relevos de 4x25M remolque maniquí. Pola súa banda, Cristina García acadou dúas medallas de bronce nas probas de 4x25M remolque maniquí e lanzamento de corda.
Na XXVI edición do Campeonato de España por Comunidades Autónomas de Salvamento y Socorrismo, Castilla-La Mancha proclamouse campeona de España, seguido de Cantabria e Galicia, na categoría feminina. Na categoría masculina, o primeiro posto foi tamén para Castilla-La Mancha, seguida pola Comunidade Valenciana e a Comunidade de Madrid.
O campionato reuniu, na Piscina Municipal de Carballo e na praia do Ézaro  playa de Ézaro,a oitenta socorristas procedentes de Cantabria, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Comunidade de Madrid, Comunidade Valenciana, Extremadura e Galicia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *