martes, abril 24, 2018
Portada > Cultura > O bardo da colectividade galega na Habana de raíces arteixás

O bardo da colectividade galega na Habana de raíces arteixás

Poeta galego

O poeta cubano-arteixá Manuel Álvarez Fuentes foi homenaxeado polo concello de Arteixo. O evento estivo protagonizado por dúas figuras cercanos o poeta arteixá: Carlos Loureiro e Roi Casal.

O profesor Carlos Loureiro Rodríguez foi o encargado de glosar a súa figura, como preámbulo ao concerto de Roi Casal, con quen tivo un encontro no ano 2014 en Cuba. Un encontro que fixo posible a amizade que ambos comparten con Xosé Neira Vilas.

Manuel Álvarez Fuentes, o poeta cubano arteixá, a piques de cumprir os oitenta anos, acumula numerosos recoñecementos nas súas dúas patrias: Cuba e Galicia. Recibiu, entre outros, o Premio do Concurso “Madre España, Madre Galicia” da Sociedade Monterroso e Antas de Ulla; o “Premio de Poesía do Obradoiro de Cultura Galega Xosé Fontenla Leal”, “Concurso As miñas raíces galegas” da Federación de Sociedades Galegas de Cuba, así como tamén o recoñecemento “Miguel de Cervantes y Saavedra” outorgado pola Federación de Sociedades Españolas de Cuba (ESEC) no ano 2014.

Este escritor e activista é fillo e neto de galegos. O seu pai era natural de Fortesende e o seu avó materno da zona de Morás. Criouse en Cuba, logo de que o seu pai fuxira da guerra de Marrocos. O seu amor polas terras galegas provén xa do que lle transmitiron os seus devanceiros mais a súa paixón foi máis aló e converteuse no bardo da colectividade galega en La Habana.

Actualmente, é un dos meirandes activistas culturais na Habana, onde imparte cursos de lingua e cultura galega e do noso folclore. Con máis de setenta anos está a promover o galeguismo alén o Atlántico, sendo unha importante testemuña no seu outro país.

Aprendeu o idioma galego vivindo en Cuba e tamén aprendeu a mar a súa patria galega dende o outro lado do Atlántico. Prolífico artista e activista, defende a poesía como unha ferramenta de loita. No caso de Cuba, para apoiar a revolución e no caso de Galicia para defender a súa fermosa historia. O seu primeiros poemario en galego, escríbeo no ano 2009. A súa obra en galego reúne os poemarios Eu teño dúas patriasO canto da nosa TerraCon todos e para o ben de todos e, Ó camarada Felipe e á mocidade cubana en homenaxe a Fulgencio Oroz, compañeiro de loita revolucionaria asasinado no ano 1958 pola tiranía batistiana.

No que respecta á súa obra poética en galego, o propio autor foi elaborando edicións persoais que están espalladas polo mundo cultural habaneiro así como tamén en Galiza (Eu teño dúas patrias/ O canto da nosa Terra/Con todos e para o ben de todos…). Poemarios que arestora imos achar escolmados na obra Versos de amor, loita…e compromiso. Ademais tamén ten editado un C D con música da súa autoría e con poemas galegos.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *