domingo, mayo 27, 2018
Portada > Deportes > Novo programa deportivo municipal de verán 2018

Novo programa deportivo municipal de verán 2018

Na época de verán a Concellería de Deportes renova o seu compromiso de achegar a práctica deportiva aos cidadáns de Arteixo. Co obxectivo constante de promover uns hábitos de vida saudables na ocupación do lecer en períodos vacacionais escolares, a Concellería de deportes a través deste programa continúa co seu obxectivo de fomentar o asociacionismo, apoiando ao tecido asociativo local coas distintas actividades nas que colabora. Por ese motivo propóñense unha serie de actividades que se ofertarán ao longo de todo o verán en diferentes instalacións deportivas municipais. A partires do 1 de xuño poderán facerse as inscricións nas diferentes actividades propostas.

Campus e Campamentos:

  • XIII CAMPUS DEPORTIVO DE NATACIÓN (organizado por Club Natación Arteixo en colaboración co Servizo Municipal de Deportes) do 25 ao 29 de xuño, na Piscina Municipal de Arteixo e pavillón por determinar
  • VI CAMPUS DEPORTIVO JUDO CLUB ARTEIXO (organizado por Judo Club Arteixo en colaboración co Servizo Municipal de Deportes) do 2 ao 6 de xullo no Pazo dos Deportes
  • OBRADOIRO MULTIDEPORTE DE VERÁN – COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL (organizado por AQUAFIT XESTIÓN S.L en colaboración co Servizo Municipal de Deportes) en catro quendas: do 2 ao 13 de xullo, do 16 ao 31 de xullo, do 1 ao 14 de agosto e do 16 ao 31 de agosto, no Complexo Deportivo Municipal de Arteixo
  • VI CAMPUS DEPORTIVO DE CICLISMO DE MONTAÑA (organizado por Club Ciclista MB3 en colaboración co Servizo Municipal de Deportes) en dúas quendas: do 2 ao 13 de xullo e do 16 ao 27 de xullo, no Polideportivo Ponte dos Brozos
  • ACAMPADA INTERMUNICIPAL NA NATUREZA VILARBÓ 2018 (organizada polo Servizo Municipal de Deportes) do 6 ao 18 de xullo e do 20 ao 27 de xullo en Neda
  • XII Campus de Baloncesto e II ESCOLA DE BALONCESTO C.B.Arteixo – Concello de Arteixo (organizado por Club Baloncesto Arteixo en colaboración co Servizo Municipal de Deportes) do 2 ao 13 de xullo e do 6 ao 23 de agosto respectivamente no Pazo dos Deportes
  • IV CAMPUS TRIATLÓN ARTEIXO (organizado Club Triatlón Arteixo en colaboración co Servizo Municipal de Deportes) en dúas quendas: do 2 ao 6 de xullo e do 9 ao 13 de xullo en instalacións deportivas por determinar
  • CAMPAMENTO URBANO DE XADREZ (organizado por Club Xadrez Arteixo en colaboración co Servizo Municipal de Deportes) en dúas quendas: do 2 ao 6 de xullo e do 9 ao 13 de xullo no local municipal Mestre Mateo
  • CAMPUS DE PATINAXE CLUB FERVELLO (organizado por Club Deportivo Fervello en colaboración co Servizo Municipal de Deportes) do 2 ao 13 de xullo e do 16 ao 21 de xullo no Polideportivo Municipal de Meicende.

 

Cursos:

  • Curso de Verán de Patinaxe artística (organizado polo Club Patín Axel Arteixo en colaboración co Servizo de Deportes)
  • Curso de Iniciación ao Kung Fu Infantil Estilo Di Som (Organizado pola AD Arteixo en colaboración co Servizo Municipal de Deportes)
  • Curso de Iniciación á Ximnasia Artística Deportiva (Organizado pola AD Arteixo en colaboración co Servizo Municipal de Deportes)
  • Cursos de actividades acuáticas e de sala para distintas idades (Organizado por AQUAFIT XESTIÓN S.L. en colaboración co Servizo de Deportes)
  • Escola de Verán de Baloncesto (organizada polo Club Baloncesto Arteixo en colaboración co Servizo de Deportes)
  • Curso de Verán de Surf (organizado polo Servizo de Deportes)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *