martes, diciembre 12, 2017
Portada > Cultura > A música, protagonista da Feira Histórica 1900

A música, protagonista da Feira Histórica 1900

 

Feira Histórica Arteixo 2017

Ata o domingo 15 de outubro de 2017, en  Arteixo pódese disfrutar dun dos encontros musicais máis importantes que se celebrarán en Galicia. Estes espectáculos musicales realizanse baixo o paraguas da nova marca cultural Arteixo Soa, que se integra este ano dentro da Feira Histórica, adicada nesta edición, o mundo da música.

A organización do Arteixo Soa recorda que a finais do século XIX produciuse o encontro de dous mundos antagónicos: a música culta conectase coa música popular, posto que en movementos como o romanticismo os artistas de toda Europa comezan a interesarse polas formas expresivas autóctonas.

A burguesía entra así en escena como un axente cultural máis, o que provoca que os divertimentos que se programan nos grandes recintos públicos de espectáculos cambien a súa orientación. Nacen así agrupacións musicais que levan a música galega a un novo estadio. Cantigas da Terra na Coruña ou Ruada en Ourense comandan algunhas destas novas expresións musicais.

Xa máis en clave local, Arteixo tivo históricamente un gran número de salóns de baile, onde se poido comprobar a transformación das murgas e charangas decimonónicas a orquestras máis modernas que conseguiron adaptar as melodías populares autóctonas cos ritmos e formas chegados doutras latitudes.

A banda Villarodrís e os Recastados de Meicende son dous exemplos da primera década do século XX.

Nas zonas máis rurais do Concello mantíñanse as esencias musicais máis enxebres e puras. O que no resto de Galicia eran “fiadeiros” ou “fías”, aquí coñecianse por “bailes de alprende”. Eran foliadas que agromaban espontáneamente entre a xuventude mentres se facía un traballo comunal, como podía ser unha esfolla, unha sementeira ou unha malla. As pandeiretas eran as protagonistas, anque algún gaiteiro participaba nos improvisados concertos tamén.

Os do Sanluco de Candame ou os Viñán de Monteagudo eran os gaiteiros máis demandados naqueles anos.

partir dos anos trinta, a figura do acordeonista acapararía todo o prestixio que ata entón monopolizaban os gaiteiros locais. Toda esta tradición recuperase agora co festival Arteixo Soa.

13 de outubro

Fanfarria Taquikardia: Música de rúa que vai das melodías balcánicas a coñecidas pezas de música clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina, achegándolle sempre o espírito necesario para o baile e a xoldra. As influencias musicais son varias, comeza polas fanfarrias de Europa do Leste, os “brass ensembles” de Nova Orleáns, as charangas carnavalescas caribeñas e brasileiras e a música tradicional galega. A actuación consistirá en 2 pases (tarde-noite): un pasacalle polas rúas principais do pobo e unha actuación na Pza. do Balneario.

Dúo Adalid: Un café concerto donde o dúo de violín (Nuria Naya) e piano (Eduardo Martín) rememoran no Auditorio de Arteixo aqueles concertos que se ofrecían no salón das casas con máis posibles de antano. Liderarán un espectáculo musical no que algúns das/dos nosas/os músicos locais os acompañarán ofrecendo unha velada cultural onde a música “culta” se poñía a disposición de certas capas sociais e ao goce dun grupo selecto.

Xavier Díaz & Adufeiras de Salitre: Música de Galicia e en galego. Pandeiretas e Adufes (algunha arteixá) son perfectos aliados da copla, gala do xardín encantado da lírica galega como dicía Cabanillas. Este traballo preséntase como o lugar onde a tradición non esmoreceu, onde queda sitio para o baile e o aturuxo…Este proxecto foi preparado precisamente para invadir con muiñeiras e pasodobres os festivais do mundo e en Arteixo tamén estará presente.

Los Claretes: Esta rock & roll band coruñesa pechará a noite do venres o festival co seu tributo a grandes bandas da historia do rock como Led Zeppelin, Prince, David Bowie, Springsteen e os Rolling Stones e as cancións propias do seu lider Richi García.

14 de outubro

Triskell: Este grupo de gaitas local ademais de reproducir as dianas e alboradas típicas das nosas festas populares, ofrecerán un concerto de música tradicional no Paseo Fluvial de Arteixo.

Xiradela: A agrupación tradicional máis senlleira do noso pobo e cun amplo recoñecemento e colaboracións internacionais (Lorient, Carlos Núñez e Dulce Pontes, por exemplo), realizarán un pasacalle matutino dende o paseo fluvial ata a praza do Balneario, cunha actuación na praza da Igrexa. Para este festival recuperarán pezas tradicionais propias do concello de Arteixo.

Banda de Música Santiago de Arteixo: Segundo premio no VI Certame Galego de Banda de Música Popular, ofrecerán no anfiteatro do paseo fluvial un concerto matinal.

Bule Bule Band: Esta banda recupera cantigas tradicionais galegas que son revisitadas a ritmo de rock, bossa, jazz, fado, ska e outros ritmos. Un repertorio recoñecible para cantar todos xuntos pero para bailar cun ritmo diferente un sábado calqueira ao mediodía na voz de un artista local.

Xharanga Quepasa: Animarán pola tarde as zonas máis concorridas do pobo, alí onde se xuntan para comer, beber ou sinxelamente, pasear.

4 Jazz: Grupo de importante relevancia nesta modalidade musical. Abrirán a noite do sábado no que se ofrecerá música para todos os gustos neste canto a diversidade e a creación musical.

Radio Cos: Fixeron evolucionar a nosa música a partir da raíz tradicional. Tamén pola noite, no escenario da praza. do Balneario, actuarán Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas de Radio Cos, dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galicia que acompañados por outros tres prestixiosos músicos galegos, Foron seleccionados pola revista Folk in Roots dentro do ranking dos mellores discos do ano e tamén entraron na prestixiosa lista World Charts Music, sendo grupo oficial do Womex 2016. Despois de nove anos percorrendo escenarios de todo o mundo, chegan a Arteixo co seu novo traballo Pasatempo e continúan no empeño de visibilizar as cancións tradicionais de Galicia, interpretándoas e traéndoas aos noso días sen renunciar a misturalas con outras tradicións irmás doutras partes do mundo.

Escuchando Elefantes: O pop chega na voz de Silvia e Carlos que soan coma unha soa. Formados na rúa, percorreron Europa compartindo experiencias con músicos oscarizados. Acompañados dunha gran repercusión mediática, soaron xa nun grande número de paises e festivais na que trasmitiron ao público unha gran forza.

Orquestra Saudade: Orquestra de baile cunha ampla traxectoria e consolidación no mercado da verbena galega que actuará para un público máis apegado a este tipo de música “pachanguera” e afeccionado ao baile ao aire libre.

15 de outubro

Trío Refugallo: Espectáculo cómico musical para todos os públicos na peonil avenida do Balneario. Humor e música con instrumentos feitos a partir de materiais de refugallo que busca a participación e interacción co público. Tres talentosos músicos galegos demostrarán que o ritmo pode xurdir de calquera elemento que nos atopemos pola rúa.

Tuna de Veteranos: O tradicional ambiente universitario tamén queremos que estea presente coa súa inconfundible forma de animar ás rúas e a hostalaría. Suporá un despertar dominical distinto para a veciñanza, pouco habituada a atoparse na rúa con este vistoso formato trovadoresco.

Baby Banda: Esta banda infantil ofrecerá unha viaxe a través da literatura e a música para os máis cativos.

Orquestra os Modernos: Como consecuencia da súa constante ansia por se renovar e a experiencia a través de tantas xiras por Europa e América, esta orquestra ofrece un repertorio renovado: fox trot, baiao, chotis, habanera ou tango americano, corrido, rumba, mazurca e mesmo un avant-garde twist, sen esquecer tampouco os ritmos máis arcaicos e propios do noso folclore como a muiñeira ou a xota. Con Dissimulem! farán mover a Arteixo, nun outonal domingo no noso anfiteatro do Paseo Fluvial, ao son dos seus incitantes ritmos.

Cantareiras de Xiradela: As cantareiras das mellores épocas desta asociación, acompañadas de Manuel de Eva, deleitarán de novo á veciñanza coas súas voces e pandeiretas, sen esquecer o humor inspirado nas vivencias más personais que forman parte da experiencia e o imaxinario deste pobo.

Uxía Lambona e a Banda Molona: Espectáculo musical infantil e familiar moi participativo con dinámicas de animación e persoaxes da terra que farán disfrutar a toda a familia nunha tarde de domingo.

Orquestra Cinema: Para clausurar esta edición cunha explosión de alegría, nun renovado Campo da Festa, renderase culto a todas as/os músicas/os cunha das orquestras con máis proxección na actualidade liderada polos irmáns arteixáns César e Raúl Romero.

 

Actividades musicais complementarias

Obradoiro de xoguetes sonoros e tocadores de folla: O mirlitón, os reque-reques ou o carrizo serán instrumentos musicais que se construirán o venres cos máis cativos a partir de materiais e obxectos cotiás. Ademais amosarase a habilidade de facer saír música de follas como as de hedra ou limoeiro.

Obradoiro de castañolas: A castañola tivo tamén un importante papel no folclore galego, servindo de acompañamento rítmico e tocado, curiosamente, máis polos bailadores que polos músicos.

Escenificacións: Realización da dramatización A música das nosas vidas polos grupos de SS SS o sábado.

Concerto didáctico: Utilizaranse percusións domésticas como outra das formas de facer música utilizando a cociña como elemento educativo.

Xincana infantil: Na mañá do domingo organizarase unha xincana con probas relacionadas co mundo da música.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *