domingo, junio 24, 2018
Portada > Actualidad > “Marzo en verso” no plano cultural en Arteixo

“Marzo en verso” no plano cultural en Arteixo

Marzo en verso, cultura en Arteixo

A concellería de Cultura e Festas pon en marcha a programación “Marzo en verso” para o mes de marzo en Arteixo.

Cinema, teatro, música, e recital son os compoñentes da programación que se levará a cabo no mes de marzo nos auditorios do Centro Cívico Cultural de Arteixo e o Centro Sociocultural de Meicende.

O programa de Marzo en Verso, trae o día 2 de marzo no CSC de Meicende un filme infantil baixo o nome de Vaiana, unha película que conta a historia dunha moza que desexa explorar o mundo navegando polo océano.

O mesmo día, Teatro do Atlántico invítanos a ver no CCC de Arteixo, De Abrentes e Ocasos, obra teatral na que se utiliza a poesía como medio para falar de cuestións que esixen ser abordadas dende o horizonte de Galicia e da lingua galega da man de Uxío Novoneyra, Salvador García Bodaño, Manolo Rivas, Pilar Pallarés, Luísa Villalta, Inma L.Silva, Eduardo Blanco Amor, Xúlio L. Valcárcel, Miguel Anxo Ferrán Vello, Xosé Luís Méndez Ferín, Xosé M. Álvarez Cáccamo… Interpretada por María Barcala e dirixida por Xúlio Lago.

O 9 de marzo, Roi Casal amósanos Son galego, son cubano, un espectáculo musical entre Galicia e Cuba. Un show inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ambos os dous países.

O día 16, no auditorio do CSC de Meicende, terá lugar a actuación de CT Elsinor con Os Postulantes. Historia dirixida por Manuel Lourenzo, na que a cidade está aberta e non hai segredos para ninguén, todo o que se ocultaba, salta co estalar da luz e todos postulan.

O mesmo día, no auditorio do CCC de ArteixoContraproducións deleitarán ao público adulto con Fillos do Sol, obra na que Pondal, o bardo bergantiñán, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas.

O venres 23 de marzo, no CCC de Arteixo, haberá un recital de poesía organizado e presentado por Alfredo Ferreiro, as autoras/es Estíbaliz Espinosa, Pablo Bouza Suárez, Rosalía Rodríguez Pombo, Tiago Alves Costa e Sergio Ferreiro Salgueiro recitarán textos poéticos propios, xunto a unha representación de xoves poetas do IES Manuel Murguía de Arteixo: Andrés González, David Sánchez, Hugo Herrador, Lara Boedo e Sergio Terceiro. Contaremos tamén coa música de xoves arteixáns: Mario Dans (guitarra), Mateo Castro (trompeta) e Natalia Ramos (violín).

Desde o 19 de marzo ao 4 de abril, estará aberta a sala de exposicións albergando fotografías e poemas que describen as vivencias nos veráns en Carral na nenez e mocidade dos autores: Carlos Lourenzo e Olga Patiño, baixo o nome de Territorio Acoutado.

A venda de entradas realizarase no CCC de Arteixo só o día da función en horario de 11:30 h a 13:30 h e 2 horas antes do comezo do espectáculo até completar a capacidade da sala.

A recollida de invitacións levarase a cabo 1 hora antes do comezo do espectáculo até completar tamén a capacidade no auditorio do CSC de Meicende.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *