Portada > Cultura > Descubrindo o litoral arteixá a través da Senda Azul

Descubrindo o litoral arteixá a través da Senda Azul

Arteixo conta con sete areais con bandeira azul e unha senda azul que une as sete das nove praias de Arteixo. As praias que contan con estes distintivos son: O Reiro, Barrañán, Valcovo, Repibelo- Salsa, A Hucha, Combouzas e Alba-Sabón.

As bandeiras azuis son un distintivo que se entrega dende o ano 1987  pola Fundación Europea de Educación Ambiental, aínda que a primeira vez que se concedeu este recoñecemento foi en Francia, dous anos antes. Para obter este distintivo é preciso cumprir uns requisitos en diferentes ámbito: dende  a calidade da auga, a seguridade, o coidado do medio ambiente ou a prestación de servizos xerais. Ademais das praias, este recoñecemento está concebido tamén para portos deportivos.

O distintivo de Bandeira Azul entrégase a nivel mundial e renóvase anualmente. Así, no ano 2018, España sitúase líder a nivel mundial con 696 bandeiras e Galicia como segunda comunidade autónoma cun total de 109. Pola súa banda, Arteixo, é o cuarto concello galego con máis bandeiras, empatado con Boiro e por detrás de Sanxenxo, Vigo e Cangas do Morrazo.

Dende o ano 2012, Arteixo conta tamén cunha Senda Azul que une sete das nove praias do concello, dende Sabón ata O Reiro. Os Sendeiros Azuis son itinerarios que enlazan praias ou portos con Bandeira Azul. O obxectivo destas sendas debe ser diversificar a oferta turística de sol e praia, ofrecendo aos visitantes poder descubrir valores naturais e patrimoniais do litoral. En moitas ocasións, estes sendeiros eran antigos camiños olvidados que serven na actulidade para a realización de actividades recreativas, turísticas e de educación ambiental.

A Senda Azul de Arteixo forma parte dos máis de 72 Sendeiros Azuis galardoados en 2018 presentes en 68 municipios de 19 provincias españolas. Este recoñecemento é outorgado por un xurado conformado por ADEAC (Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor) co apoio da Fundación Biodiversidad e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Os criterios para a concesión deste galardón se agrupan en tres eixos principais: recuperación e protección do medio natural e os seus recursos naturais, culturais e patrimoniais; servizos e a información, interpretación e educación ambiental nos sendeiros.

Galicia sitúase como primeira comunidade en número de Sendeiros Azuis con 23, seguida por Valencia con 21. Na nosa comunidade, a provincia de Pontevedra alberga 12 sendeiros azuis, A Coruña 7 e Lugo 4.

O interese polo medio ambiente e a natureza, así como os esforzos realizados para a súa protección fixeron que os Sendeiros Azuis aumentaran de forma significativa dende o seu inicio. No ano 2011 había únicamente 12 sendeiros, mentres que neste 2018, a cifra subiu ata os 72.

Senda azul Arteixo

O sendeiro que recorre o litoral de Arteixo une sete praias: Sabón, Repibelo-Salsa, A Hucha, Valcobo, As Combouzas, Barranán e O Reiro, todas elas con Bandeira Azul. En total, recorre aproximadamente seis kilómetros e medio e é apta para todas as persoas que desexen pasear por ela. O nivel de dificultade é baixo xa que o traxecto está asfaltado e dispón tamén dalgúns tramos de carril bici. O tempo de duración estimado para percorrer a Senda rondaría as dúas ou tres horas, dependendo, das necesidades de cada persoa.

Trátase dunha senda que bordea a costa, con posibilidade de baixar tamén a calquera das praias polas que pasa, polo que as vistas que ofrece son inmellorables.

A paisaxe é prácticamente na sua totalidade natural e poder avistarse aves, cetáceos e variada vexetación. O patrimonio natural é inmellorable e durante o paseo pode verse tamén o Monumento ao Voyeur realizado polo escultor Enrique Saavedra Chicheri. Trátase dun monumento composto por un gran telescopio de 14,5 metros de largo e 3.500 kilos de peso e unha gran silla de acero inoxidable para achegarse a mirar.

Durante a senda, aparecen varios lugares nos que pararse a observar e tamén onde tomar un pequeno descanso.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *