Portada > Sin categor > Danza contemporánea no Centro Cívico Cultural de Arteixo

Danza contemporánea no Centro Cívico Cultural de Arteixo

A compañía Entremáns presenta mañá venres, 27 de Abril as 20:30 horas, a súa obra “Gaia” no auditorio do Centro cívico Cultural de Arteixo.

A obra “Gaia” céntrase na Terra, un planeta que está a cambiar rapidamente. Entremáns presenta una reflexión para atopar unha forma de vida máis respectuosa para protexer o noso planeta e o medio ambiente. “GAIA perténcenos a tod@s. Podemos debuxar xunt@s, un mañá feliz e un mundo a toda cor”. 

Entremáns é unha compañía de danza contemporánea creada no ano 2006 por bailaríns cubanos residentes en Galicia. A súa filosofía basease no traballo grupal onde a creación e a dirección artística se realizan en colectivo. Ademais, combinan as súas producións con labores formativas, colaboracións teatrais e asistencias coreográficas.

Entre os seus premios destacan: 1º Premio Danza Calvia 2005, 1º premio do Certame de Creación Coreográfica de Galicia 2006 e máis recentemente 1º Premio de la Crítica de Madrid 2008 e Premio del Público no Certamen Coreográfico de Madrid 2008.

A obra está dirixida o público adulto e terá un custo de entrada de 3 euros para o público xeral e 2,25 para as persoas maiores de 65 ou estudantes de ensinanzas homologadas. A venda de entradas realizarase o mesmo día da función en horario de 11:30 a 13:30 e 2 horas antes do acto na Billeteira do CCC ata completar aforo. O número máximo de entradas por persoa será de 5.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *