sábado, septiembre 23, 2017
Portada > Periodismo ciudadano > Corrupción, deporte olímpico

Corrupción, deporte olímpico

oso-roba-miel…. “ésta España tuya, ésta España vuestra”
Porque este país, chamado España, pertece ós menos españois de todos: a malversadores, a defraudadores, a evasores de capital, a xuíces aparentemente impolutos pero corruptos, a Condes que xa non se esconde, a príncipes consorte, …perdón!, a duques con sorte, (con moita sorte!)…e a outr@s cuxo adxetivo realmente non quero lembrar.
Antes o deporte nacional era a envexa pero agora xa é a corrupción. A corrupción, o mellor deporte para ter as contas en paraísos fiscais a reventar, e, ademais,  non hai tribunal que llas baleire por enchelas a base de doparse de subvencións e malversacións.
Ai! Se a corrupción foxe un deporte olímpico, cantas medallas de ouro había de gañar España!
Porque non sei se haberá país con mellor equipo de corruptos para mandar as olimpiadas! E a cabeza deles, como non, ondeando o estandarte nacional, Don Iñaki, para orgullo da súa dona, e merecedor, pola súa traxectoria, de tal honor.
E namentras don Iñaki ondea a bandeira de Spain van cantando a unha voz o himno nacional, (polo cal,como non!, deberían cobrar dereitos de autor):
…”ésta España mía, ésta España nuestra”
E a casa real apoiando aos deportistas, coma sempre, sexan do deporte que sexa.
…”Me llena de orgullo y satisfación…”
Carallo, que mediático!
E carallo de país! Que das unha patada no chan e saen máis corruptos que parados.
E que carallo de goberno! Que lle da arrepíos axudar aos parados con calderilla pero non lle da noxo manter a estes que cada vez que meten man levan o xantar de millóns de bocas famentas.
Pero asi é Spain, a de pel de touro…
-Será por iso que está chea de tanta bosta?- pregúntame con sorna a miña avoa.
-Será, será- contéstolle sen mirala, namentres penso como rematar esta carta.
-Pois a ver cando deixa de cagar!
A retranca dela,( graciñas avoa!), doume un remate ao me gusto, aínda que un pouco cheirento:
-Se tivesen que cagar todo o que roubaron non chegan os bosques do  Amazonas para facer papel para que límpen o cu!
Dou fé!

P.D. Os indíxenas deste marabilloso hábitat non deben estar intranquilos por este comentario meu. Prometolles que non se vai a precisar  papel para estes homes probos, pois  é máis doado que o mesmo diaño  entre no reino dos ceos a que a estes españolitos lles entre cagadeira…do roubado.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *