martes, julio 17, 2018
Portada > Cultura > Chega o mes do libro ás bibliotecas de Arteixo

Chega o mes do libro ás bibliotecas de Arteixo

Cartel informativo

Como todos os anos, a Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo, organiza diferentes actividades para festexar o mes do libro.
Entre as actividades organizadas están a promoción lectora co alumnado de infantil dos Colexios de Galán, Barrionovo, Larín, Lagoa, Rorís e Vilarrodís; Contacontos para bebés realizados por Purpurina Fun, Cornelia Craft e Tótem Xestión nas bibliotecas de Arteixo e Meicende; outros contacontos para rapazada máis grande (con Iván, Chrystyan Magic ou Caxoto…) en cada unha das nosas bibliotecas; e como todos os anos os nosos Cocicontos tanto nas Bibliotecas de Arteixo como de Meicende e que podedes consultar coas bibliotecas para mais información.

Como acto principal que debemos destacar está a saída das bibliotecas ao Feirón o sábado día 21 de abril, a partires das 10 horas co reparto de libros, animación e información entre os asistentes á nosa caseta no lugar habitual. Para mais información podedes consultar o cartel adxunto ou co persoal das diferentes bibliotecas da nosa Rede.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *