Portada > Deportes > Abertas as inscripcións para a XXI Carreira Popular do Concello de Arteixo

Abertas as inscripcións para a XXI Carreira Popular do Concello de Arteixo

Cartel informativo

O Concello de Arteixo coa colaboración do Club Atletismo Arteixo organizan a XXI Carreira Popular Concello de Arteixo que terá lugar o próximo día 1 de Maio. A participación está aberta a persoas de todas as idades e condicións, con 12 categorías diferentes, dende prebenxamíns a veteráns. Haberá,ademais, unha categoría para sillas de atletismo e handbike e unha categoría especial.

As inscripcións, cun límite de 2.500 no global de todas as categorías, estarán abertas até o xoves 26 de abril ás 24.00 horas. As inscripcións son gratuitas e poderán realizarse, exclusivamente, na web www.championchipnorte.com

No seguinte enlace poderás consultar toda a información recollida no regulamento oficial da XXI Carreira Popular Concello de Arteixo, https://championchipnorte.com/uploads/eventos/reglamento-5ac510ad62dec0.06215506.pdf

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *